Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

DE TODO UN POUCO!

Ola rapaces! Como xa pasou bastante tempo, supoño que todas as cartas chegaron aos seus destinos! Se non é así, non vos preocupedes, seguramente sexa culpa de Correos, porque nos sabiamos a dirección súper ben, a que sí? :) :) Levounos moito tempo facer esta actividade, pero o esforzo mereceu a pena! Para a seguinte, enviaremos un email, que temos que poñernos ao día coas Novas Tecnoloxías. Ademais,  é máis sinxelo de lembrar... :) Aquí vos deixo as fotos das vosas plantiñas, para que lles expliquedes a papá e mamá as diferenzas de crecemento entre a lentella, o garavanzo e a faba.  Lentellas Talo dos garavanzos A faba máxica de Carla De esquerda a dereita, as tres legumbres (lentella, garavanzo e faba) Ata mañá nen@s, lembrade visitar o blogue da biblioteca para avertiguar a pista que vos deixou Pataquiña!