Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

Festival Musical de Nadal e Festa de Fin de Ano 2017

Benvidos e benvidas a un novo trimestre! Estreamos o ano 2018 con dous vídeos que resumen o Festival Musical de Nadal e a festa de Fin de Ano 2017 que fixemos os días 21 e 22 de decembro no cole, antes de dar vacacións de Nadal, onde cantamos, bailamos, e ata houbo as 12 badaladas.  Os vídeos estreáronse no blog da biblioteca ( ALCOUVEBIBLIOTECA ), e agora queremos compartilos tamén con vós desde este portal, para dar a benvida a este novo ano que desexamos veña cargado de boas novas e agradables sorpresas para todas as familias do centro. FESTIVAL MUSICAL DE NADAL FESTA FIN DE ANO 2017 Bo comezo de ano a todos e a todas, Leonor Ana Bea Alba