Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!

Visita ao Salón do Libro 2018

Hoxe fomos de visita... AO SALÓN DO LIBRO! Todo o centro desprazámonos ata o recinto feiral situado a carón do Pazo da Cultura, e tivemos ocasión de visitar a exposición con título "Mulleres de conto", incluído o noso traballo, "Un conto de mulleres", e outros moi interesantes doutros centros da provincia. Tamén fixemos obradoiros divididos en pequenos grupos, mágoa non poder asistir a todos. Os outros nenos e nenas déronnos moita envexa, todas as actividades nos cobizaban! Aquí vai unha mostra da reportaxe fotográfica desta xornada tan completa. ENTRADA NO RECINTO: SAUDAMOS A ORBIL OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN: Algúns nenos e nenas de 3ºB e 4ºA UN CONTO DE MULLERES: O NOSO TRABALLO DE CENTRO VISITA GUIADA 3º A E ALGÚNS NENOS E NENAS DE 3º B   VISITA GUIADA 4º A E ALGÚNS NENOS E NENAS DE 3º B   OS COMPAÑEIROS DE 4º B TAMÉN O PASARON MOI BEN E ata aquí o Salón do Libro 2018. Deixámosvos cunhas fotografías de de

Saída musical ao teatro: Na procura do tesouro

Esta mañán os nenos e nenas de 3º e 4º de EP fixemos unha saída ao teatro Auditorio Sede Afundación, en Pontevedra, para ver un espectáculo de Gaiteiros da Xistra na que puidemos gozar de música tradicional galega en directo. Foi unha obra completísima, onde houbo lendas, romances, unha zanfona moi especial, refráns e seres mitolóxicos que nos fixeron soñar. Tamén atopamos moitos enigmas que resolver para chegar a atopar o tesouro da moura, que non era nin cartos nin xoias, senón algo moito máis valioso que nos pertence a todos: o noso patrimonio, como aqueles petroglifos que vimos nas pedras da entrada da cova ou as cancións da nosa terra que tivemos ocasión de escoitar. Na animación de abaixo podedes ver algunhas fotografías da viaxe no bus de 3º ao teatro e da entrada ao museo con algúns compañeiros de 4º. Que nervios por saber como ía ser o espectáculo! Como chegamos cedo, fomos o primeiro centro educativo en pasar ao teatro, e puidemos sentarnos nas primeiras fi

Salón do Libro 2018: Mulleres de conto

Este ano a temática do Salón do Libro é 'Mulleres de conto'. En Cabanas enfocamos o traballo cara a esas profesións femininas que participan na creación de contos e que ás veces non están suficientemente visibilizadas. Nós mesmos, cando fixemos unha chuvia de ideas das profesións das que nos lembrabamos... saíannos en masculino! Por iso buscamos a unha muller das distintas profesións que participan nun libro, que nos contasen como é o seu traballo e a súa visión deste mundo de contos. Este é o fermoso cartel deste ano, feito por Ana Villegas. As compañeiras e compañeiros doutros cursos investigaron sobre a profesión de escritora, de editora, de libreira ou de contacontos, e nós sobre a de ilustradora! Gustounos moito somerxernos nesta marabillosa profesión da man dunha das grandes, Alba Blanco, a autora do cartel do Salón do Libro do ano pasado. Primeiro investigamos sobre o seu traballo, vimos parte da súa obra e materiais que tiña colgada na súa páxina web (h