Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

Charla da Asociación Juan XXIII

O pasado xoves día 16 tivemos a sorte de recibir no cole a charla da Asociación Juan XXIII. Foi unha experiencia moi emocionante onde os nenos e nenas de 3º de Primaria coñeceron un pouco máis a realidade das persoas con discapacidade e reflexionaron sobre as súas dificultades para enfrontarse ao día a día e a súa grande capacidade para superar retos. Raquel, psicóloga do centro de adultos, e Nacho e Sergio, dous usuarios, déronnos algunhas das claves para entender mellor o concepto de diversidade e valorar a diferenza como algo positivo e enriquecedor. Tamén aprendemos que a discapacidade é permanente, pero que se pode solventar con apoios e coa implicación de todos os compañeiros.  A nosa conversa con eles foi moi estimulante. Agora temos máis pistas sobre como debe ser o noso trato cara a estas persoas, sen sentir pena polas súas dificultades, nin tratalos coma se fosen bebés, pois son persoas con afeccións, preferencias propias, con carácter e con días bos e días malos, CO

Benvidas e benvidos a un novo curso

Nenas e nenos, familias e amigos e amigas do CEIP Cabanas, dámosvos a benvida ao Alcouve Blog do 2º ciclo de Educación Primaria coa primeira publicación deste curso 2017-2018. Hai xa unhas semanas que comezou, e tras a posta a punto das aulas e a iniciación dos novos proxectos, estamos xa preparadas para poñer en marcha esta aventura. Acompañádesnos? Compartiremos algunhas das actividades que facemos nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria, amosaremos fotografías e imaxes dos nosos traballos e das saídas escolares, e tamén vos iremos contando algunhas das cousas que aprendemos nas aulas. Non perdades ollo! Para abrir o apetito deixámosvos algunhas fotografías do Magosto, que se celebrou o venres 10 de novembro, onde gozamos dunhas riquísimas castañas asadas e participamos nos xogos populares organizados polas nenas e nenos de 6º curso. Pasámolo moi ben! E para mostra, aí tedes as imaxes.   Podedes ver e descargar todas as fotografías do seguinte enlace .