Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

CANTA BICHERÍA!

Neste curso 2016, o Salón do Libro versa sobre a gran diversidade de animais que podemos atopar no mundo e, como non podíamos faltar, puxémonos a traballar no tema dende mediados de decembro. Fixemos unha gran bóla da Terra co alumnado de 6º e, a partires de ela, cada clase traballou o animal que quixo, intentando tocar os diferentes continentes existentes. Neste soporte irán metidos os lapbooks de cada clase A nosoutros tocounos traballar a bolboreta monarca así que, cos magníficos lapbooks que elaborástedes na clase, fixemos unha mestura e o resultado foi o seguinte: E non só traballamos o animal, senón tamén os países no que habita! Estudando un pouco sobre a educación en Canadá! Espero que aprenderades moito con esta actividade e grazas a todos os papás e mamás por participar en todas e cada unha das propostas que saen do cole.