Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2015

BO NADAL RAPARIGOS

Ola nenos e nenas! Neste último mes fixemos moitas actividades. Fomos á fundación de ABANCA ver "Lío en la granja", unha obra de teatro moi divertida onde desaparece o ovo dunha galiña. Froito diso comeza un gran lío e xorden desconfianzas entre os habitantes da Granxa. A pasada semana fomos ao cine ver "Maimiño", unha versión libre do conto infantil "Pulgarcito" de José Martí. Despídome felicitándovos as festas. Lembrade ler todos os días, xogar e descansar. As vacacións son moi longas e dá tempo a facer de todo.

MONTE DAS CROAS

A pasada semana tivemos a oportunidade de coñecer un pouquiño máis sobre o noso entorno. Algúns de vós xa coñeciades o lugar, pero para os que vivimos en Pontevedra foi toda unha sorte coñecer o Monte das Croas e averiguar algunhas das lendas que alí se atopan. E, ademais, tivemos un invitado de luxo, que non podía coñecer mellor a zona! Nada máis e nada menos que Rafa Quintía, antropólogo e veciño do lugar.  Durante o roteiro, contounos algunhas das lendas que habitan na zona, como A LENDA DAS MOURAS, lembrades? Aquí, no noso traxecto aos muiños do Batán... Espero que xa non teñades pesadelos coas serpes, recordade que son só lendas :)

TRADICIÓNS GALEGAS

Ola de novo! Esta semana traballamos sobre as tradicións galegas: pratos típicos, cancións e bailes. Cada grupo tiña que traballar unha en particular e logo expoñerllas aos demais compañeiros.

OS DIFERENTES TRABALLOS DOS NOSOS PAPÁS

O ano pasado tivemos o pracer de contar co pai de Martín para que nos contase en que consiste o traballo dun bombeiro e, este novo curso, tivemos a sorte de recibir a Fernando, o pai de Iván, para que nos explicase tamén que é o que fai no seu día a día no cuartel. Estas son algunhas das fotos que reflexan a xuntanza. Ensinounos que é o que comen... O que empregan para quentar a comida... TODO ISO VAI DENTRO DUNHA MOCHILA AO LOMBO!!!!! Moitas grazas Fernando por vir e, xa sabedes, se algunha nai/pai quere vir e contarnos a todos como é o voso traballo, estaremos encantados de recibirvos. Un saúdo.

QUERIDO OUTONO!

Boas nenos e nenas! Déixovos algunhas fotiñas de fai dúas semanas nas que, para dara darlle a benvida ao outono, probamos algúns dos froitos secos e carnosos que trouxemos das nosas casas!  QUE RICOS ESTABAN!

CHEGOU O OUTONO!

Bo día nenos e nenas! Xa estamos de novo conectados ao mundo virtual. Deixovos unhas fotiños que sacamos na clase de Plástica.Trátase dun cadro pintado por Vincent Van Gogh chamado "Sauces al atardecer".

ATA SETEMBRO!

Queridos nenos de nenas de 1ºB! Chegou a hora de dicirvos adeus para poder gozar do verán...!!! Ai o verán...praia...sol...xeados...quen se vai acordar da profe? :) Espero que ningún de vos, porque agora toca descansar e repoñer forzas para setembro!  Un abrazo moi forte, Alba

DALLE Á LINGUA

Dalle a lingua é un programa de Onda Cero Pontevedra que se emite en torno ás 11:50 horas de luns a venres co patrocinio de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra. Para todos aqueles que non poideron disfrutar de escoitalo en directo, aquí tedes o enlace para poder oílo. Os grupos de 1º comezan no minuto 09:14. http://www.ivoox.com/dalle-a-lingua-ceip-cabanas-audios-mp3_rf_4347811_1.html

UNHA VISITA INESPERADA

Boas! onte tivemos a sorte de que o pai de Martín viñese ata o colexio a contarnos un pouquiño sobre como é o seu traballo.  A verdade é que nos gustou moito a súa profesión, parecía todo tan bonito que saímos pensando todos en que nun futuro encantaríanos ser BOMBEIROS! Aínda que só sexa para levar eses cascos tan molóns... :) Moitas grazas Juan Carlos por colaborar con nós para que os nenos vexan a realidade máis alá dos libros.