Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

ENTROIDO 2018: AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO EN CABANAS

Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole. Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos! Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa.   E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos e ne

Día da Paz: homenaxe a Gloria Fuertes

Este mércores 31 celebramos o Día da Paz homenaxeando a unha poeta moi especial, Gloria Fuertes, unha artista irreverente que fai gozar a pequenos e maiores. Houbo un traballo colectivo de todo o centro en forma de mural, e un acto co recitado de poemas, teatro de sombras e un baile espectacular de todo o alumnado do cole, desde infantil ata 6º de primaria, coa canción de Mika Live your life . Os nenos e nenas de 3º investigamos sobre a biografía da poeta, a súa traxectoria como escritora e as dificultades que tivo para conseguir o seu soño, e plasmamos o resultado nunha liña de tempo moi orixinal en forma de frechas. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso e da festa final cos compañeiros e compañeiras doutros cursos. INVESTIGACIÓN E PREPARACIÓN DO MURAL RECITADO DE POEMAS E TEATRO DE SOMBRAS BAILE DE TODO O CENTRO (MIKA, LIVE YOUR LIFE) FOTOS NO MURAL DE 3º A FOTOS NO MURAL DE 3º B   Se queredes descargar as imaxes, podedes