Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

Día da muller e a ciencia: Charla de Ana Butrón

O pasado xoves 15 de febreiro tivemos o privilexio de contar coa presenza da científica Ana Butrón nas aulas de 3º, que nos explicou que aínda que a maioría de científicos que coñecemos son homes, as mulleres tamén poden ser moi boas investigadoras e traballar en ciencias. Así, festexamos o Día da muller e a nena na ciencia da mellor das maneiras. Foi unha charla na que os nenos e nenas participaron moito e viron tamén algún vídeo moi ilustrativo! A profesional amosounos algunhas das claves que explican por que as mulleres científicas son menos coñecidas que os homes científicos. Tamén nos fixo ver que iso que ás veces se escoita de que "aos chicos dánselle mellor os números que ás chicas" non é certo, e que pouco a pouco temos que ir desmontando eses estereotipos e recoñecer os talentos de todas e todos independentemente do xénero.  Deixámosvos algunhas das fotografías desta actividade, e agradecemos desde aquí a Ana o seu tempo. Foi un pracer recibirte e aprender