Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

UNHA VISITA INESPERADA

Boas! onte tivemos a sorte de que o pai de Martín viñese ata o colexio a contarnos un pouquiño sobre como é o seu traballo.  A verdade é que nos gustou moito a súa profesión, parecía todo tan bonito que saímos pensando todos en que nun futuro encantaríanos ser BOMBEIROS! Aínda que só sexa para levar eses cascos tan molóns... :) Moitas grazas Juan Carlos por colaborar con nós para que os nenos vexan a realidade máis alá dos libros.

Letras Galegas

Boas de novo, este ano adicáronse as Letras Galegas a un paisano noso, Xosé Fernando Filgueira Valverde! E como cada ano, aprendemos un pouquiño sobre a vida e obra do autor homenaxeado.  Velaquí podedes ver todo o que traballamos! Que arte temos debuxando!  Os nosos compis de 2º tiñan que saber responder as actividades propostas por nós! Igualiñas ás de Castelao, incluso mellor :)

CUMPLE DE CARLA!

Carla quixo celebrar o seu cumple cos seus compañeiros, así que trouxo unha pequena merendola para o recreo! Que rica estaba a tarta!Mmmm...

IMOS AO MERCADO!

Bos días! Amosámosvos unhas fotos do que foi a nosa saída ata ao mercado de Pontevedra. Dende a Deputación de Pontevedra orgánizase un concurso de debuxo infantil no que todos os coles da cidade fomos invitados a participar. Para iso, fomos ata a Praza de Abastos para poder coñecer de cerca os traballos que alí se realizan. Algúns xa tiveran a sorte de ir con anterioridade con papá e mamá; en cambio, outros non, polo que foi unha boa oportunidade para vela por dentro. Mirade que ben o pasamos e que peixes vimos!!!!

A NOSA LINGUA

Boas de novo, Grazas ao Equipo de Normalización da Lingua Galega de Pontevedra tivemos a posibilidade de poder participar nun obradoiro moi divertido chamado "Lingua Forza", dirixida a todo o alumnado de Primaria. Esta actividade ten como finalidade promocionar o uso do galego entre os máis pequenos xa que, durante unha hora e media, estiveron xogando e, á vez, aprendendo moitas palabras novas que, na súa vida cotiá, non empregan.