Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

PETRA en 3º de EP: Fase de investigación

No cole, este curso, estamos inmersos nun proxecto de centro sobre as 7 marabillas do mundo moderno. Foi Pataquiña o que nos pediu que lle axúdaramos a pescudar sobre elas, pois apareceron misteriosamente algunhas fotografías enriba dunha mesa da biblioteca e el escribiunos unha carta dicindo que necesitaba que lle botaramos unha man para desentrañar o misterio. Aquí dábanos as grazas pola nosa colaboración e pedíanos que sigamos investigando sobre isto coa axuda das profes. Os nenos e nenas de 3º de EP estamos estudando Petra (Jordania), e xa sabemos algunhas cousas que antes nin nos soaban. Que é unha cidade que se esculpiu e excavou na propia pedra, que foi un lugar de intercambio comercial de especias, que foi ocupada hai moitos séculos polos nabateos, ou que para o mundo occidental era un lugar descoñecido ata o ano 1812. Hai só pouco máis de 200 anos que sabemos da súa existencia! Seguiremos a pescudar sobre esta marabilla, xa vos iremos amosando algúns dos nosos traballos

Saída a Ourense e visita a Galiciencia

O pasado xoves 23 de novembro os nenos e nenas de terceiro viaxamos ata Ourense para coñecer o casco vello da cidade, descubrir algúns segredos da súa fermosa catedral, ver de cerca as Burgas e comprobar que destes mananciais... ¡as augas termais saen a máis de 60 ºC! A visita estrela da xornada foi a entrada como visitantes á feira científica Galiciencia, no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, que este ano se centrou na temática da astronomía, que tanta curiosidade espertou en nós este primeiro trimestre que está a piques de rematar. A visita á exposición de traballos doutros alumnos e alumnas doutros centros foi moi interesante, ogallá en vindeiras edicións sexades vós os que participedes compartindo con outros nenos e nenas investigacións científicas nas que teñades traballado.  Para mostra do ben que o pasamos, aí van algunhas fotografías e un vídeo resumo da saída completa. AUTOBÚS MERENDA EN OURENSE   PRAZA MAIOR E BURGAS

Aqualogía: Programa educativo sobre o ciclo da auga

As nenas e nenos de 3º recibiron o pasado martes 28 de novembro na súa aula unha actividade formativa sobre o ciclo da auga, na que dúas científicas moi divertidas os fixeron partícipes dalgunhas experiencias prácticas para reflexionar sobre o uso axeitado da auga. As científicas convertiron a aula nun laboratorio de investigación, e coa axuda dos nenos e nenas puxeron en práctica experiencias científicas que nos permitiron coñecer os perigos do grifo pinga pinga , pola cantidade de auga que se despilfarra; entender como se forma unha nube facendo unha en directo, cunha botella de plástico e un bombín; observar que as toalliñas húmidas tardan moooito máis en desfacerse que o papel hixiénico de toda a vida; e entender o funcionamento dunha depuradora limpando auga a pequena escala. Ademais, presentáronnos a uns amigos a través duns audiovisuais moi entretidos: Minerva, Qualo, Vitrubio, Clara e Salvador, que nos explicaron o ciclo urbano da auga e nos deron pistas sobre algunhas