Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ

Así se titula o libro que este ano acompaña ao Salón do Libro. Un libro máxico e fantasioso que narra as aventuras dunha nena chamada Extravaganzza que emprende unha longa viaxe en globo flamengostático na búsqueda dos seus pais. É un libro moi entretido, así que se queredes saber que pasou nesa viaxe, tedes un exemplar na biblioteca do cole. Coma sempre, déixovos as fotos da saída O primeiro que fixemos ao chegar foi ir a un obradoiro chamado "Extravaganzza virtual". Nel, os nenos tiñan que facer por equipos bocetos de animais, plasmalos en plastilina e, finalmente, escanealos en 3D. Este aparello sacaba 100 fotos seguidas ao obxecto da plataforma e así obtiñamos unha imaxe en 3D. Ao final, o aparello escaneábanos a nós e saiamos reflexados na pantalla :)  Ao rematar o obradoiro, comezou a visita polo Salón. O noso traballo "Pataquiña explora a bi