Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

EXPERIMENTO DE CIENCIAS

Ola nenos e nenas! Aqui vos deixo unha demostración do que creceron as vosas lentelliñas para que as vexan papá e mamá! Espero que as coidedes ben, ao igual que o faciades en clase.

OS NARIGUDOS

Onte fomos ver unha obra de teatro chamada "OS NARIGUDOS" organizada por Afundación. A obra fai reflexionar sobre a solidariedade e a importancia de valorarnos tal e como somos.  

Da ciencia á ficción

Bos días!  A pasada semana comezou o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil e, como todos os anos, tivemos a oportunidade de participar no seu desenvolvemento e, ademais, ir de visita.  "Da ciencia á ficción" é o título elixido este ano e, ten como misión, que os nenos coñezan a delgada liña que separa unha da outra.

VISITA AO ZOO DE VIGO

Ola de novo!  Despois da semana do Entroido, tivemos a sorte de poder ir ao Zoo de Vigo. Pasámolo moi ben! Fomos todos xuntos en autobús, algúns cantando, outros aproveitando para botar unha cabeciña...:) Unha vez alí, unha monitora íanos guiando e explicando os distintos animais cos que nos iamos atopando: linces, leóns, llamas,...e...cada cal nos gustaba máis! Deixámosvos unhas poucas fotos para que vexades o ben que o pasamos!