Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2014

"Inspección en Cabanas".2º Primaria.canción:"Non malgastes"(continuación)

Canción "Non Malgastes" Para fomentar a EDUCACIÓN POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, o 1º ciclo participou un ano mais nun Proxecto levado a cabo pola concellaría de Educación xunto con moitos outros colexios da cidade. O alumnado do 2º nivel, fixo unha inspección no centro e nas casas sobre o reciclado de papel, plástico, vidro,baterías e tamén estudaron as plantas e os animais foráneos. Co resultado das inspeccións fixeron coplas, que adaptaron a unha música. A canción resultante a cantaron no Teatro Principal de Pontevedra nun festival.

INSPECCIÓN EN CABANAS

Canción "Non nos gusta malgastar" Para fomentar a EDUCACIÓN POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, o 1º ciclo participou un ano mais nun Proxecto levado a cabo pola concellaría de Educación xunto con moitos outros colexios da cidade. O alumnado do 1º nivel, fixo unha inspección no centro e nas casas sobre o uso e o consumo de auga, enerxía eléctrica e calefacción. Co resultado das inspeccións fixeron coplas, que adaptaron a unha música. A canción resultante a cantaron no Teatro Principal de Pontevedra nun festival.

Experimentos no cole.

Este trimestre estivemos a facer moitos experimentos no cole. Tamén trouxemos experimentos da casa e os explicamos aos compañeiros e compañeiras de clase.  Que ben o pasamos!!! Gústanos moito ser científicos!!!! Se queredes ver as fotos, clicade nesta imaxe:

Fotos do Encontro "Escolas Unesco"

No mes de Novembro 20 nenos e nenas do noso cole participaron en Pontevedra no Encontro das Escolas Unesco de Galicia con alumnado de outros 9 centros. Neste Encontro adicado á Ciencia houbo obradoiros de experimentos divertidos, de encaixe de Camariñas, de música e percusión e de multilingüismo. Houbo xogos e tamén un percorrido pola zona vella de Pontevedra. Foron tres días intensos de convivencia e aprendizaxe dos que os nenos e as nenas de Cabanas viñeron moi contentos. Unha vez máis queremos agradecer ás familias a boa disposición e a participación activa levando ata o auditorio e recollendo aos nen@s cada día. Agradecemento especial a aquelas familias que se brindaron a acoller nas súas casas a alumnado de centros de fóra de Pontevedra. Se queredes ver as fotos, clicade aquí.