No mes de Novembro 20 nenos e nenas do noso cole participaron en Pontevedra no Encontro das Escolas Unesco de Galicia con alumnado de outros 9 centros.
Neste Encontro adicado á Ciencia houbo obradoiros de experimentos divertidos, de encaixe de Camariñas, de música e percusión e de multilingüismo. Houbo xogos e tamén un percorrido pola zona vella de Pontevedra.
Foron tres días intensos de convivencia e aprendizaxe dos que os nenos e as nenas de Cabanas viñeron moi contentos.
Unha vez máis queremos agradecer ás familias a boa disposición e a participación activa levando ata o auditorio e recollendo aos nen@s cada día. Agradecemento especial a aquelas familias que se brindaron a acoller nas súas casas a alumnado de centros de fóra de Pontevedra.
Se queredes ver as fotos, clicade aquí.
Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole. Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos! Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa. E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos ...
Comentarios
Publicar un comentario