Ola de novo!
Despois da semana do Entroido, tivemos a sorte de poder ir ao Zoo de Vigo. Pasámolo moi ben! Fomos todos xuntos en autobús, algúns cantando, outros aproveitando para botar unha cabeciña...:)
Unha vez alí, unha monitora íanos guiando e explicando os distintos animais cos que nos iamos atopando: linces, leóns, llamas,...e...cada cal nos gustaba máis!
Deixámosvos unhas poucas fotos para que vexades o ben que o pasamos!
Comentarios
Publicar un comentario