Ir al contenido principal

IMOS AO MERCADO!

Bos días! Amosámosvos unhas fotos do que foi a nosa saída ata ao mercado de Pontevedra.

Dende a Deputación de Pontevedra orgánizase un concurso de debuxo infantil no que todos os coles da cidade fomos invitados a participar. Para iso, fomos ata a Praza de Abastos para poder coñecer de cerca os traballos que alí se realizan. Algúns xa tiveran a sorte de ir con anterioridade con papá e mamá; en cambio, outros non, polo que foi unha boa oportunidade para vela por dentro.
Mirade que ben o pasamos e que peixes vimos!!!!



















Comentarios

Entradas populares de este blog

O TUCÁN

Como xa sabedes, cada mes traballamos un animal en perigo de extinción. Durante o mes de marzo estudamos todas as características do tucán, así como o seu hábitat, a súa alimentación e outras moitas máis curiosidades. Aquí tedes unha canción sobre o tucán que atopamos na web e que nos gustou moito!!!

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!

Día da muller e a ciencia: Charla de Ana Butrón

O pasado xoves 15 de febreiro tivemos o privilexio de contar coa presenza da científica Ana Butrón nas aulas de 3º, que nos explicou que aínda que a maioría de científicos que coñecemos son homes, as mulleres tamén poden ser moi boas investigadoras e traballar en ciencias. Así, festexamos o Día da muller e a nena na ciencia da mellor das maneiras. Foi unha charla na que os nenos e nenas participaron moito e viron tamén algún vídeo moi ilustrativo! A profesional amosounos algunhas das claves que explican por que as mulleres científicas son menos coñecidas que os homes científicos. Tamén nos fixo ver que iso que ás veces se escoita de que "aos chicos dánselle mellor os números que ás chicas" non é certo, e que pouco a pouco temos que ir desmontando eses estereotipos e recoñecer os talentos de todas e todos independentemente do xénero.  Deixámosvos algunhas das fotografías desta actividade, e agradecemos desde aquí a Ana o seu tempo. Foi un pracer recibirte e aprender