A pasada semana tivemos a oportunidade de coñecer un pouquiño máis sobre o noso entorno. Algúns de vós xa coñeciades o lugar, pero para os que vivimos en Pontevedra foi toda unha sorte coñecer o Monte das Croas e averiguar algunhas das lendas que alí se atopan. E, ademais, tivemos un invitado de luxo, que non podía coñecer mellor a zona! Nada máis e nada menos que Rafa Quintía, antropólogo e veciño do lugar. Durante o roteiro, contounos algunhas das lendas que habitan na zona, como A LENDA DAS MOURAS, lembrades? Aquí, no noso traxecto aos muiños do Batán... Espero que xa non teñades pesadelos coas serpes, recordade que son só lendas :)