Ir al contenido principal

MONTE DAS CROAS


A pasada semana tivemos a oportunidade de coñecer un pouquiño máis sobre o noso entorno. Algúns de vós xa coñeciades o lugar, pero para os que vivimos en Pontevedra foi toda unha sorte coñecer o Monte das Croas e averiguar algunhas das lendas que alí se atopan.


E, ademais, tivemos un invitado de luxo, que non podía coñecer mellor a zona! Nada máis e nada menos que Rafa Quintía, antropólogo e veciño do lugar. 
Durante o roteiro, contounos algunhas das lendas que habitan na zona, como A LENDA DAS MOURAS, lembrades?






Aquí, no noso traxecto aos muiños do Batán...


Espero que xa non teñades pesadelos coas serpes, recordade que son só lendas :)

Comentarios

Entradas populares de este blog

O TUCÁN

Como xa sabedes, cada mes traballamos un animal en perigo de extinción. Durante o mes de marzo estudamos todas as características do tucán, así como o seu hábitat, a súa alimentación e outras moitas máis curiosidades. Aquí tedes unha canción sobre o tucán que atopamos na web e que nos gustou moito!!!

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!

Día da muller e a ciencia: Charla de Ana Butrón

O pasado xoves 15 de febreiro tivemos o privilexio de contar coa presenza da científica Ana Butrón nas aulas de 3º, que nos explicou que aínda que a maioría de científicos que coñecemos son homes, as mulleres tamén poden ser moi boas investigadoras e traballar en ciencias. Así, festexamos o Día da muller e a nena na ciencia da mellor das maneiras. Foi unha charla na que os nenos e nenas participaron moito e viron tamén algún vídeo moi ilustrativo! A profesional amosounos algunhas das claves que explican por que as mulleres científicas son menos coñecidas que os homes científicos. Tamén nos fixo ver que iso que ás veces se escoita de que "aos chicos dánselle mellor os números que ás chicas" non é certo, e que pouco a pouco temos que ir desmontando eses estereotipos e recoñecer os talentos de todas e todos independentemente do xénero.  Deixámosvos algunhas das fotografías desta actividade, e agradecemos desde aquí a Ana o seu tempo. Foi un pracer recibirte e aprender