Así se titula o libro que este ano acompaña ao Salón do Libro. Un libro máxico e fantasioso que narra as aventuras dunha nena chamada Extravaganzza que emprende unha longa viaxe en globo flamengostático na búsqueda dos seus pais.
É un libro moi entretido, así que se queredes saber que pasou nesa viaxe, tedes un exemplar na biblioteca do cole.
E, algúns de vós, tivéstedes a sorte de poder despedir o Salón do Libro en directo con Onda Cero. Que nervosos nos poñemos!
É un libro moi entretido, así que se queredes saber que pasou nesa viaxe, tedes un exemplar na biblioteca do cole.
Coma sempre, déixovos as fotos da saída
O primeiro que fixemos ao chegar foi ir a un obradoiro chamado "Extravaganzza virtual". Nel, os nenos tiñan que facer por equipos bocetos de animais, plasmalos en plastilina e, finalmente, escanealos en 3D.
![]() |
Este aparello sacaba 100 fotos seguidas ao obxecto da plataforma e así obtiñamos unha imaxe en 3D. |
![]() |
Ao final, o aparello escaneábanos a nós e saiamos reflexados na pantalla :) |
Ao rematar o obradoiro, comezou a visita polo Salón.
![]() |
O noso traballo "Pataquiña explora a bichería" |
E, ata aquí, a nosa visita. Para o próximo ano, máis e mellor.
Comentarios
Publicar un comentario