Ir al contenido principal

Benvidas e benvidos a un novo curso

Nenas e nenos, familias e amigos e amigas do CEIP Cabanas, dámosvos a benvida ao Alcouve Blog do 2º ciclo de Educación Primaria coa primeira publicación deste curso 2017-2018. Hai xa unhas semanas que comezou, e tras a posta a punto das aulas e a iniciación dos novos proxectos, estamos xa preparadas para poñer en marcha esta aventura. Acompañádesnos?

Compartiremos algunhas das actividades que facemos nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria, amosaremos fotografías e imaxes dos nosos traballos e das saídas escolares, e tamén vos iremos contando algunhas das cousas que aprendemos nas aulas. Non perdades ollo!

Para abrir o apetito deixámosvos algunhas fotografías do Magosto, que se celebrou o venres 10 de novembro, onde gozamos dunhas riquísimas castañas asadas e participamos nos xogos populares organizados polas nenas e nenos de 6º curso. Pasámolo moi ben! E para mostra, aí tedes as imaxes.




 
Podedes ver e descargar todas as fotografías do seguinte enlace.

Saúdos de Ana, Leonor, Bea e Alba.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O TUCÁN

Como xa sabedes, cada mes traballamos un animal en perigo de extinción. Durante o mes de marzo estudamos todas as características do tucán, así como o seu hábitat, a súa alimentación e outras moitas máis curiosidades. Aquí tedes unha canción sobre o tucán que atopamos na web e que nos gustou moito!!!

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!

Día da muller e a ciencia: Charla de Ana Butrón

O pasado xoves 15 de febreiro tivemos o privilexio de contar coa presenza da científica Ana Butrón nas aulas de 3º, que nos explicou que aínda que a maioría de científicos que coñecemos son homes, as mulleres tamén poden ser moi boas investigadoras e traballar en ciencias. Así, festexamos o Día da muller e a nena na ciencia da mellor das maneiras. Foi unha charla na que os nenos e nenas participaron moito e viron tamén algún vídeo moi ilustrativo! A profesional amosounos algunhas das claves que explican por que as mulleres científicas son menos coñecidas que os homes científicos. Tamén nos fixo ver que iso que ás veces se escoita de que "aos chicos dánselle mellor os números que ás chicas" non é certo, e que pouco a pouco temos que ir desmontando eses estereotipos e recoñecer os talentos de todas e todos independentemente do xénero.  Deixámosvos algunhas das fotografías desta actividade, e agradecemos desde aquí a Ana o seu tempo. Foi un pracer recibirte e aprender