Ir al contenido principal

Saída a Ourense e visita a Galiciencia

O pasado xoves 23 de novembro os nenos e nenas de terceiro viaxamos ata Ourense para coñecer o casco vello da cidade, descubrir algúns segredos da súa fermosa catedral, ver de cerca as Burgas e comprobar que destes mananciais... ¡as augas termais saen a máis de 60 ºC!

A visita estrela da xornada foi a entrada como visitantes á feira científica Galiciencia, no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, que este ano se centrou na temática da astronomía, que tanta curiosidade espertou en nós este primeiro trimestre que está a piques de rematar. A visita á exposición de traballos doutros alumnos e alumnas doutros centros foi moi interesante, ogallá en vindeiras edicións sexades vós os que participedes compartindo con outros nenos e nenas investigacións científicas nas que teñades traballado. 

Para mostra do ben que o pasamos, aí van algunhas fotografías e un vídeo resumo da saída completa.

AUTOBÚS















MERENDA EN OURENSE


 












PRAZA MAIOR E BURGAS















XANTAR















GALICIENCIA















Podedes ver e descargar todas as fotografías deste enlace a Google fotos.

Tamén fixemos un vídeo onde se poden ver os mellores momentos da saída e o atentos que estaban tomando notas na exposición de ciencias preguntándolle a outros alumnos e alumnas maiores que eles como fixeran as súas experiencias e investigacións. No o perdades!
 
Podedes velo e descargalo deste enlace de Vimeo.

Agardamos este sexa o inicio dunha curiosidade polas ciencias que os acompañe ao longo da vida, quen sabe se algúns ou algunhas de vós participaredes no futuro na descuberta dalgún planeta aínda descoñecido da nosa galaxia ou doutra galaxia veciña.


Comentarios

Entradas populares de este blog

As 7 marabillas do mundo moderno

Para despedir o curso estreamos por fin o documental das 7 marabillas do mundo moderno. Nós investigamos sobre Petra, a cidade de pedra, en Xordania, e fixemos unha reportaxe revelando algunhas das súas curiosidades e segredos.  Veredes que viaxamos á mesmísima cidade perdida para entrevistar a algúns exploradores expertos neste xacemento arqueolóxico, conectamos en directo cun restaurante local, revisamos a evolución do monumento ao longo da historia e lembramos unha escena dunha película clásica moi coñecida que vos vai emocionar. Tamén nos gustou moito o traballo dos outros nenos e nenas doutros cursos. 3 anos investigou sobre a Muralla Chinesa (China), 4 anos e 5 anos sobre o Coliseo Romano (Italia), 1º e 2º de EP sobre Machu Picchu (Perú), nós sobre Petra (Xordania), 4º sobre Chichen Itzá (México), 5º sobre o Taj Mahal (India) e 6º sobre o Cristo Redentor (Brasil). Non o perdades! Felices vacacións e a gozar dun fantástico verán!

Saída musical ao teatro: Na procura do tesouro

Esta mañán os nenos e nenas de 3º e 4º de EP fixemos unha saída ao teatro Auditorio Sede Afundación, en Pontevedra, para ver un espectáculo de Gaiteiros da Xistra na que puidemos gozar de música tradicional galega en directo. Foi unha obra completísima, onde houbo lendas, romances, unha zanfona moi especial, refráns e seres mitolóxicos que nos fixeron soñar. Tamén atopamos moitos enigmas que resolver para chegar a atopar o tesouro da moura, que non era nin cartos nin xoias, senón algo moito máis valioso que nos pertence a todos: o noso patrimonio, como aqueles petroglifos que vimos nas pedras da entrada da cova ou as cancións da nosa terra que tivemos ocasión de escoitar. Na animación de abaixo podedes ver algunhas fotografías da viaxe no bus de 3º ao teatro e da entrada ao museo con algúns compañeiros de 4º. Que nervios por saber como ía ser o espectáculo! Como chegamos cedo, fomos o primeiro centro educativo en pasar ao teatro, e puidemos sentarnos nas primeiras fi...

ENTROIDO 2018: AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO EN CABANAS

Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole. Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos! Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa.   E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos ...