Benvidos e benvidas a un novo trimestre! Estreamos o ano 2018 con dous vídeos que resumen o Festival Musical de Nadal e a festa de Fin de Ano 2017 que fixemos os días 21 e 22 de decembro no cole, antes de dar vacacións de Nadal, onde cantamos, bailamos, e ata houbo as 12 badaladas.
Os vídeos estreáronse no blog da biblioteca (ALCOUVEBIBLIOTECA), e agora queremos compartilos tamén con vós desde este portal, para dar a benvida a este novo ano que desexamos veña cargado de boas novas e agradables sorpresas para todas as familias do centro.
FESTIVAL MUSICAL DE NADAL
FESTA FIN DE ANO 2017
Bo comezo de ano a todos e a todas,
Leonor
Ana
Bea
Alba
Comentarios
Publicar un comentario