Ir al contenido principal

Día da Paz: homenaxe a Gloria Fuertes

Este mércores 31 celebramos o Día da Paz homenaxeando a unha poeta moi especial, Gloria Fuertes, unha artista irreverente que fai gozar a pequenos e maiores. Houbo un traballo colectivo de todo o centro en forma de mural, e un acto co recitado de poemas, teatro de sombras e un baile espectacular de todo o alumnado do cole, desde infantil ata 6º de primaria, coa canción de Mika Live your life.

Os nenos e nenas de 3º investigamos sobre a biografía da poeta, a súa traxectoria como escritora e as dificultades que tivo para conseguir o seu soño, e plasmamos o resultado nunha liña de tempo moi orixinal en forma de frechas. Aquí tedes algunhas imaxes do proceso e da festa final cos compañeiros e compañeiras doutros cursos.

INVESTIGACIÓN E PREPARACIÓN DO MURAL



RECITADO DE POEMAS E TEATRO DE SOMBRAS


BAILE DE TODO O CENTRO (MIKA, LIVE YOUR LIFE)


FOTOS NO MURAL DE 3º A


FOTOS NO MURAL DE 3º B


Se queredes descargar as imaxes, podedes facelo neste enlace de Google Fotos.

Agardamos se note o ben que o pasamos neste día de celebración. Paz para todos e todas!


Comentarios

Entradas populares de este blog

O TUCÁN

Como xa sabedes, cada mes traballamos un animal en perigo de extinción. Durante o mes de marzo estudamos todas as características do tucán, así como o seu hábitat, a súa alimentación e outras moitas máis curiosidades. Aquí tedes unha canción sobre o tucán que atopamos na web e que nos gustou moito!!!

ENTROIDO 2018: AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO EN CABANAS

Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole. Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos! Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa.   E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos e ne

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!