Ir al contenido principal

Día da muller e a ciencia: Charla de Ana Butrón

O pasado xoves 15 de febreiro tivemos o privilexio de contar coa presenza da científica Ana Butrón nas aulas de 3º, que nos explicou que aínda que a maioría de científicos que coñecemos son homes, as mulleres tamén poden ser moi boas investigadoras e traballar en ciencias. Así, festexamos o Día da muller e a nena na ciencia da mellor das maneiras. Foi unha charla na que os nenos e nenas participaron moito e viron tamén algún vídeo moi ilustrativo!

A profesional amosounos algunhas das claves que explican por que as mulleres científicas son menos coñecidas que os homes científicos. Tamén nos fixo ver que iso que ás veces se escoita de que "aos chicos dánselle mellor os números que ás chicas" non é certo, e que pouco a pouco temos que ir desmontando eses estereotipos e recoñecer os talentos de todas e todos independentemente do xénero. 

Deixámosvos algunhas das fotografías desta actividade, e agradecemos desde aquí a Ana o seu tempo. Foi un pracer recibirte e aprender contigo.


Aquí tedes o enlace á carpeta de onde podedes descargar todas as fotografías.

Ata a próxima!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O TUCÁN

Como xa sabedes, cada mes traballamos un animal en perigo de extinción. Durante o mes de marzo estudamos todas as características do tucán, así como o seu hábitat, a súa alimentación e outras moitas máis curiosidades. Aquí tedes unha canción sobre o tucán que atopamos na web e que nos gustou moito!!!

ENTROIDO 2018: AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO EN CABANAS

Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole. Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos! Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa.   E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos e ne

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!