No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece. Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos. E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5. Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos! Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!
Comentarios
Publicar un comentario