Ir al contenido principal

Saída musical ao teatro: Na procura do tesouro

Esta mañán os nenos e nenas de 3º e 4º de EP fixemos unha saída ao teatro Auditorio Sede Afundación, en Pontevedra, para ver un espectáculo de Gaiteiros da Xistra na que puidemos gozar de música tradicional galega en directo.

Foi unha obra completísima, onde houbo lendas, romances, unha zanfona moi especial, refráns e seres mitolóxicos que nos fixeron soñar. Tamén atopamos moitos enigmas que resolver para chegar a atopar o tesouro da moura, que non era nin cartos nin xoias, senón algo moito máis valioso que nos pertence a todos: o noso patrimonio, como aqueles petroglifos que vimos nas pedras da entrada da cova ou as cancións da nosa terra que tivemos ocasión de escoitar.

Na animación de abaixo podedes ver algunhas fotografías da viaxe no bus de 3º ao teatro e da entrada ao museo con algúns compañeiros de 4º. Que nervios por saber como ía ser o espectáculo!


Como chegamos cedo, fomos o primeiro centro educativo en pasar ao teatro, e puidemos sentarnos nas primeiras filas para non perder detalle do que pasaba no escenario. A continuación vedes aos compañeiros de 3º e 4º collendo sitio e agardando a que comezase a función.



E por fin comezou o espectáculo. Non sabedes que aconteceu! O noso amigo Dani, de 3º A, tivo que saír axudar aos protagonistas da obra a resolver unha das probas que puxo a moura para poder descubrir o tesouro da cova. Graciñas Dani pola túa participación, sen a tú colaboración non teríamos resolto o gran misterio!

 
Todas as fotografías podedes velas e descargalas neste enlace.

Como podedes ver, pasámolo moi ben e aprendimos moito. Grazas ás profes Marta, de inglés, e Raquel, de música, por acompañarnos ás profes Leonor, Ana, Bea, Alba e a todos os nenos e nenas. Foi un pracer. Ata a próxima!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O TUCÁN

Como xa sabedes, cada mes traballamos un animal en perigo de extinción. Durante o mes de marzo estudamos todas as características do tucán, así como o seu hábitat, a súa alimentación e outras moitas máis curiosidades. Aquí tedes unha canción sobre o tucán que atopamos na web e que nos gustou moito!!!

ENTROIDO 2018: AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO EN CABANAS

Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole. Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos! Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa.   E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos e ne

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!