Ir al contenido principal

Salón do Libro 2018: Mulleres de conto

Este ano a temática do Salón do Libro é 'Mulleres de conto'. En Cabanas enfocamos o traballo cara a esas profesións femininas que participan na creación de contos e que ás veces non están suficientemente visibilizadas. Nós mesmos, cando fixemos unha chuvia de ideas das profesións das que nos lembrabamos... saíannos en masculino! Por iso buscamos a unha muller das distintas profesións que participan nun libro, que nos contasen como é o seu traballo e a súa visión deste mundo de contos. Este é o fermoso cartel deste ano, feito por Ana Villegas.
As compañeiras e compañeiros doutros cursos investigaron sobre a profesión de escritora, de editora, de libreira ou de contacontos, e nós sobre a de ilustradora! Gustounos moito somerxernos nesta marabillosa profesión da man dunha das grandes, Alba Blanco, a autora do cartel do Salón do Libro do ano pasado.



Primeiro investigamos sobre o seu traballo, vimos parte da súa obra e materiais que tiña colgada na súa páxina web (http://www.albablancoboga.com/) e despois fixemos unha videoconferencia con ela para que nos ensinase o seu lugar de traballo e algúns dos seus referentes, así como para que respondese a todas as nosas dúbidas sobre o que fai.

Aquí podedes ver algunhas fotografías sobre como preparamos a entrevista os nenos e nenas de 3º B.


Compartimos tamén fotografías da videoconferencia, na que aprendimos un montón e os nenos e nenas de 3º A e 3º B fixemos mooooooitas mooooitas preguntas.


Despois da charla coa artista, podedes ver como os nenos e nenas de 3º A preparamos algúns dos materiais para o traballo final.



O resultado final coa colaboración dos compañeiros e compañeiras doutros cursos ten forma de conto, é moi especial, esperamos que vos guste. Convidámosvos a ir visitar o traballo completo ao Salón do Libro, en Pontevedra, que estará do 6 ao 29 de abril no Pazo da Cultura. Nós tamén iremos, vémonos alí familias!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O TUCÁN

Como xa sabedes, cada mes traballamos un animal en perigo de extinción. Durante o mes de marzo estudamos todas as características do tucán, así como o seu hábitat, a súa alimentación e outras moitas máis curiosidades. Aquí tedes unha canción sobre o tucán que atopamos na web e que nos gustou moito!!!

ENTROIDO 2018: AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO EN CABANAS

Este ano polo entroido en Cabanas fixemos unha festa moi especial, un encontro cos personaxes e protagonistas das 7 marabillas do mundo moderno: Os chinos e chinas da Gran Muralla, os romanos e romanas do Coliseo de Roma, os peruanos de Machu Picchu en Cuzco, as mexicanas e mexicanos de Chichen Itzá, os indios e indias do Taj Mahal, os brasileiros e brasileiras do Cristo Redentor.... e nós, os nenos e nenas de 3º fomos de exploradores occidentais do 1812, de descubridores da maxestuosa Petra, en Xordania! Foi unha xornada inesquecible na Casa Verde, moi pretiño do cole. Aquí tedes unha fotografía de grupo do noso periplo investigador, que ben o pasamos! Podedes ver tamén algunhas fotografías de como gozamos do espectáculo das outras 7 marabillas do mundo moderno, os nosos exploradores e exploradoras de espectadores da gran festa.   E tamén queremos publicar algunhas fotografías que nos sacamos na aula, para que vexades que ben caracterizados estaban os nosos nenos e ne

Día do libro: madriñas e padriños lectores

No centro festexamos o día do libro... durante toda a semana! Gústanos moito ler contos e historias fantásticas, e por iso o celebramos como a ocasión o merece.  Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º leron aos máis pequeniños, pois a semana pasada asinaran un contrato lector conforme os maiores se comprometían a contar un conto da mellor maneira que souberan, e os pequenos a escoitar con moita moita atención. Aquí podedes ver a algúns compañeiros de 3º A lendo aos pequeniños de 3 anos.   E a algúns nenos e nenas de 3º B lendo aos pequenos de 5.   Tamén a algúns dos compañeiros de 4º, 5º e 6º enfrascados nos seus contos. Que ben o pasamos!   Gustaríanos agradecer tamén desde aquí ás familias que viñeron ler ás nosas aulas, contos, poesía, libros de preguntas e respostas... Pasámolo en grande e agardamos que para o vindeiro curso repitades. Foi un pracer!