Para despedir o curso estreamos por fin o documental das 7 marabillas do mundo moderno. Nós investigamos sobre Petra, a cidade de pedra, en Xordania, e fixemos unha reportaxe revelando algunhas das súas curiosidades e segredos.
Veredes que viaxamos á mesmísima cidade perdida para entrevistar a algúns exploradores expertos neste xacemento arqueolóxico, conectamos en directo cun restaurante local, revisamos a evolución do monumento ao longo da historia e lembramos unha escena dunha película clásica moi coñecida que vos vai emocionar.
Tamén nos gustou moito o traballo dos outros nenos e nenas doutros cursos. 3 anos investigou sobre a Muralla Chinesa (China), 4 anos e 5 anos sobre o Coliseo Romano (Italia), 1º e 2º de EP sobre Machu Picchu (Perú), nós sobre Petra (Xordania), 4º sobre Chichen Itzá (México), 5º sobre o Taj Mahal (India) e 6º sobre o Cristo Redentor (Brasil). Non o perdades!
Felices vacacións e a gozar dun fantástico verán!
I’m in the market for a tractor that can manage heavy loads and transport feed for my dairy farm. The john deere 4430 looks promising, but I'm also considering the kubota b7100 for lighter tasks. The john deere 4640 appeals to me with its robust pulling capacity. Furthermore, I’m looking at the john deere 4100 for its ability to maneuver in confined areas. I'm also wondering if the john deere 850 could serve as a versatile option. Which one would you recommend?
ResponderEliminar