UN DÍA XENIAL NO SALGUEIRAL!!!!
Na
primeira semana de xuño, pasamos un día xenial no Salgueiral de
Bora. Alí coñecemos moito patrimonio cultural, ambiental e
paisaxístico do rural de Pontevedra.
Visitamos
a aldea seguindo unhas pistas que nos deron tres monitores, dúas
mozas e un mozo moi simpáticos.
Grazas
ás pistas chegamos ás casas dalgúns veciños da aldea, que nos
deixaron pasar e nos ensinaron ferramentas antigas, un muíño
eléctrico para moer gran, unha antiga lareira cun forno tamén
antigo...
Un
dos veciños explicounos como se fan os palleiros e como se protexían
antigamente da humidade cando non había plásticos...
Démoslle
de comer aos animais: a un burro, a unha vaca, a cabras, a galiñas,
galos e a un pirú...
Sementamos
millo nunha veiga...
Gustounos
moitísimo este día con todas estas actividades, e dende o noso blog
queremos volverlles dar as grazas aos veciños que nos explicaron
tantas cousas invitándonos ás súas casas.
Comentarios
Publicar un comentario